Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monfero / Vilarmaior
Parroquia: San Fiz de Monfero/Torres (San Xorxe)
Lugar: O Seixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado no medio dun cruce de camiños, fai de marco divisorio entre os concellos de Monfero e Vilarmaior, e tres parroquias (Torres, Vilachá e San Fiz de Monfero). O nome de Torres dállo a parroquia citada, e O Seixo o da aldea próxima do mesmo nome, na parroquia de San Fiz de Monfero. Atópase preto dunha necrópole megalítica. Ten unha altura máxima de 1,20 metros. Na cara sur aparecen dous cruciformes, na leste as letras “M” e “F” que puideran aludir ao concello de Monfero; na cara sur presenta cazoletas, cruces e unhas gravuras lineais, posiblemente prehistóricas. O marco utilizábase para curar varias enfermidades, tanto para o gando como para as persoas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Círculos líticos e pedrafitas de galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html

Pxom do Concello de Vilarmaior


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3479450477
Lonxitude: -8.09134483337
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84