Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monfero
Parroquia: Queixeiro (San Xurxo)
Lugar: A Cartelida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Marca o límite entre as parroquias de Queixeiro, Taboada e Vilachá (Monfero) e Grandal (Vilarmaior). Sobresae do chan arredor dun metro. Segundo a tradición, cúrase o meigallo e todos os males que poida provocar a envexa e o mal de ollo. Non hai moito, o marco foi derrubado por unha máquina ao preparar a terra para a plantación de eucaliptos; foi reposto no mesmo lugar polo señor Manuel cuxa nai naceu na Casa da Cartelida. Manuel contoume que cando era cativo, nunha ocasión non paraba de chorar, entón a avoa colleuno e levouno ao marco; despois de dar unhas voltas ao seu redor, tranquilizouse. Tamén me relatou que na zona había unha muller que era moi pobre polo que, cando ninguén a vía, achegábase ata o marco e collía os patacóns que a xente adoitaba depositar xunto del; para que non lle caera a ela a desgraza por roubar os cartos, mercaba mixtos e prendíalles lume para que o mal que facía ardera. Un home de Gulpilleira contoume que cando unha persoa andaba de mal humor, dicíanlle: “Vaite dar unha volta arredor do Marco da Cartelida para ver se acougas”.
Non moi lonxe localízase a necrópole megalítica de A Anta, no monte do Francés, entre Cartelida e Gulpilleira, formada por trece túmulos. En Cartelida hai dúas mámoas, dunha das cales sobresae un esteo granítico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Círculos líticos e pedrafitas de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3826384003Lonxitude: -8.09297561646
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84