
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Vila de Cruces
Parroquia: Merza
Lugar: Sulago
Outra denominación do ben: O Castelo
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:
Fortificación ubicada nun meandro do río Deza orientado ao sur. Trátase dun outeiro posiblemente natural ao que lle foi adosado terra para crear un promontorio tipo mota duns 10-15 metros de altura. A zona superior é completamente cha, e disporá dun diámetro duns 25 metros no seu eixo oeste-leste. Pódense apreciar restos e bases de edificacións, numerosa pedra miúda, e nun pequeno tramo da banda oeste, xusto ao sur do camiño que entra na plataforma, restos dunha potencial muralla de aproximadamente 1 ou 1,50 metros de ancho. Na zona norte, pegadas ao borde, aprécianse baixo a frouma a existencia de varias construcións anexas á muralla. En toda a plataforma superior rexístranse numerosos fragmentos de tégula romana. A maiores, o recinto complétase cun aterrazamento ao norte, inferior á cota da plataforma, que segundo os datos LIDAR parece desenvolverse bastante en dirección sur, creando un segundo recinto máis baixo ao oeste da mota, pero é difícil de delimitar e concretar por conta da espesa vexetación. Non se aprecian restos de foxo pero a existencia dunha pista e traballos agrícolas puideron colmatar a estreita franxa onde se podía atopar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7670683665Lonxitude: -8.28164219856
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
magago says:
Ago 23, 2014
A xeito totalmente hipotético, sinalar que ao mellor este xacemento tivo unha vida máis longa do que parece. Se vos fixades no aterrazamento da esquerda, cheira iso a castro que mete medo. Se cadra foi un recinto que pasou por distintas fases e distintas épocas. O topónimo “castrelo” que hai preto pode ser unha confusión do señor do Catastro ou ao mellor tamén está reflectindo os diferentes usos do recinto.
Xabier Moure says:
Set 5, 2014
Segundo Antonio Presas e Xoán C. García, no seu “O mundo dos castros: A comarca de Deza”, aínda que non desbotan a existencia dun castro, cren que se trata principalmente dun asentamento medieval onde houbo unha torre ou un castelo, arrodeado por pronunciados terrapléns. Localizaron tellas, pedras, etc. A aparición de tégulas fai pensar que foi un castro romanizado. Non moi lonxe está o castro de San Paio (hai unha capela) e a Ponte de Sulago, sobre o Deza, que algúns lle dan unha orixe romana.