Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: San Xoán de Esmelle
Lugar: Esmelle (Ferrol)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta en cruz na que se inscribe unha soa nave, dúas pequenas capelas, a ábsida e unha sancristía tras desta. O seu sistema construtivo desenvólvese a base de muros de carga realizados en cachotería que presenta algún elemento reutilizado, sobre os que se apoia unha cuberta a diferentes augas (segundo os corpos). O edificio traduce na súa volumetría os diferentes espazos en que se desenvolve o culto, de xeito que o presbiterio aparece resaltado en altura, como adoita ser frecuente nos templos das mesmas características.
A fachada principal amosa unha cantería de estereotomía irregular, e posúe o característico sistema pentagonal que se parte no eixo central da cornixa para dar lugar a unha base rectangular sobre a que apoia unha espadana de dous ocos.
Cara ao interior, a aos pés da nave, está situado un coro alto, ao que se accede a través dunha escaleira situada á dereita da entrada principal. Os espazos pertencentes á nave e ao presbiterio están delimitados a través dun arco trunfal de similares características cos arcos que dan acceso ás capelas laterais.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O retablo que presidía o altar maior foi desmontado, sen que se saiba cal foi o seu destino.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enlace á ficha (B.6) do catálogo do PXOM (2000) vixente:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA005.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5206796822Lonxitude: -8.27059686184
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84