Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Ribeira
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo neoclásico que foi construída entre 1770 e 1780 no lugar dun antigo templo, probablemente románico. Construída a base de cantería de granito e con cuberta de tella, a edificación presenta planta de cruz latina, cunha soa nave moi alongada con bóveda de canón. Dita nave está dividida en cinco tramos mediante arcos faxóns de medio punto que arrancan dende unha imposta corrida. O encontro da nave coas capelas laterais se resolve cun ciborrio, que destaca ao exterior, cuberto mediante unha bóveda de crucería. Á entrada da igrexa atópase a tribuna, feita en fábrica de cantería e que se apoia nun arco rebaixado que descansa en ménsulas nos muros.

A fachada é simétrica, e conta cunha porta rectangular con molduras no lintel e as xambas. Na súa fornela podemos ver unha figura de San Xián, coa casaca e o paxaro característicos. Máis arriba unha fiestra con derrame interno para iluminar a tribuna. O conxunto remata cunha cornixa a dúas augas con pináculos nos extremos, e unha torre campanario barroco de tres corpos: base cadrada con cornixa, corpo de catro machóns unidos por arcos de medio punto, e cúpula que arranca dunha cornixa con pináculos

Dentro do adro atópase un sarcófago pétreo.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf (Páxina 19)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME196.pdf (Páxina 8)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23043&ctre=31
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=D27250F748F7A2ECEC8A4F273E6E6E65#visitar


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5759643652
Lonxitude: -9.0065574646
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84