Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Corrubedo (Santa María)
Lugar: O Faro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Faro de Corrubedo foi construído en 1853 polo arquitecto Celedonio Uribe no punto máis occidental da Península do Barbanza. O edificio, feito a base de cadeirado granítico, consta dunha fachada semicircular fronte ao mar e dunha rectangular cara a terra.
A torre, cunha altura de 9,60 metros, emerxe do interior do edificio cunha forma troncopiramidal. A subida ata a parte superior da torre faise por medio dunha escaleira de caracol fabricada na Fundición de Sargadelos, antes de que ésta pasara a fábrica de cerámica.

Comezou a funcionar o 20 de febreiro do ano 1854 cunha luz mecánica atendida por 2 torreiros. No principio empregaba aceite para a iluminación, máis tarde petróleo e, dende fai 40 anos, corriente eléctrica. No ano 1970 comezan a funcionar uns vibradores electromagnéticos, situados nun edificio anexo, que albergaba tamén a vivenda para os traballadores do faro. O conxunto foi reformado e ampliado no ano 1921.
Hoxe en día funciona de forma autónoma, cun alcance nominal nocturno de 15 millas nauticas.

No pasado as similitudes da súa luz có faro de Sálvora producíu algún accidente fronte as súas costas e por iso foi necesario modificar e aumentar a potencia da lámpada en varias ocasións. Nunha delas utilizouse unha luz vermella que valeu o sobrenome de Faro Comunista.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=8EBED15987E7E546345811B23E05A91E
http://www.puertos.es/ayudas_navegacion/c_informacion_y_seguimiento/estado_servicio/04100.html
https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/EKobYfe6KrDaEj7?dir=undefined&openfile=76101845 (ficha 53_001 / páxina 3)
http://www.librodefaros.com/costas/galicia/galicia.htm
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%20CORUNA/ribeira/cabocorrubedo.html
http://farosdegalicia.wordpress.com/2012/01/10/faro-de-corrubedo-ribeira/
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=10850


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5762823599
Lonxitude: -9.08997952938
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84