Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Lampón (Santiago)
Lugar: A Madalena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do ano 1695 que se construíu sobre outra capela románica do século XII, feita a base de perpiaño granítico e con cuberta a dúas augas con tella curva do país.
Posúe planta de cruz latina, dunha soa nave. A nave principal está dividida en tres tramos por arcos rebaixados que sosteñen a bóveda tamén rebaixada. O aceso ás capelas laterais realízase por medio de arcos de medio punto apoiados sobre pilastras. Dende o presbiterio, cuberto por bóveda de canón, acédese á sancristía, que é de planta cadrada con bóveda de aresta.
No século XVIII engádeselle a torre-campanario no lateral esquerdo da fachada, de planta cadrada e de tres corpos superpostos.
Na fachada destaca a fornela na que podemos ver a imaxe pétrea de Santiago Apóstolo con sombreiro chambergo e caxato.
No vértice atópase o escudo heráldico da familia Caamaño, impulsora do esplendor da parroquia. Outro escudo de época barroca se atopa na ábsida, a ambos lados do retablo maior. O escudo do penal leva por tímpano a serea mítica de Sálvora e nos seus cuarteis leva os brasóns.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA002.PDF (Páxina 5)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5066&ctre=31
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=42&fields=NCI1W3&startIndex=6
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/07/29/0003_7019738.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6401348134
Lonxitude: -8.9052772522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84