Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Cores (San Martiño)
Lugar: O Castro de Cores
Outra denominación do ben: O Castro, O Castro de Cores
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado sobre un montiño alongado, elevado sobre a localidade de O Castro, atópase a unha distancia duns 400 metros ó norte da estrada que dende o Porto do Souto vai o lugar de Pardiñas. Ten forma ovalada alongada con remate máis estreito polo sur. Situado a uns 76 metros sobre o nivel do mar, ten unhas medidas aproximadas de 140 metros Leste-Oeste e duns 280 metros Norte-sur, ocupando unha superficie duns 3`26 Ha. aínda que a súa área de influencia podería chegar ás 9 ha. dado que o lugar do Castro está encastrado no xacemento polo lado Leste, como si este lugar fora a continuación ou antecastro hoxe en día. A estrada ó lugar pasa a rentes do castro e hai casas e pendellos xusto no xacemento. A entrada do castro semella polo leste apegado a unha vivenda coa súa finca e pendello facendo de linde un parapeto de 2 a 3 metros de altura polo exterior, observándose derrubes de material na súa defensa, (como se olla na foto pequena) ó estar xusto ó lado do camiño por onde se entra o dito xacenmento. Na croa presenta unha elevación rochosa cuberta de vexetación ó igual que a maioría do xacemento. En resumo, dadas as modificacións feitas na zona para edificacións de vivendas e as labouras de campo, a zona leste do xacemento están bastantes alteradas. A metade do xacemento da zona Oeste está por darlle unha ollada xa que presenta abundante vexetación e é moi difícil entrar nel.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/0309CA009.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.273293309
Lonxitude: -8.87631058664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84