Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: O Xobre ou Maño (Santa María)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre catro chanzos poligonais. A súa base presenta símbolos da Paixón como relevos de caveiras e tibias.
O varal ten sección octogonal no que destaca unha imaxe en actitude de oración sobre peaña de anxo alado na súa parte media.
O capitel é cuadrangular, con astrágalo octogonal liso e cabezas de anxo con ás;
O conxunto remata nunha cruz cuadrangular de brazos con chafráns. Nela podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI

Fronte ao cruceiro aparece unha estrutura de cantería para o apoio dos cadaleitos nas cerimonias de enterramento.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 100 – Páxina 131)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17179&ctre=55&volverFicha=true
https://cruceirosdegalicia.xyz/150670503.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
LÓPEZ OTERO, María Luisa. (2003). PERCORRENDO BARBANZA. VISITAS POLO PATRIMONIO DA MANCOMUNIDADE DE AROUSA NORTE. Libro I. Ed: ASOCIACIÓN ARTESÁ E ETNOGRÁFICA DO BARBANZA “O FAIADO-2.
FERNÁNDEZ ,ARIÑO, Nepomucena. (2020). MAIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES E OUTRAS VISTAS DO BARBANZA (A Pobra do Caramiñal). (En liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMPobra.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5965121823
Lonxitude: -8.92916634679
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84