Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: O Xobre ou Maño (Santa María)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O que aquí podemos ver son as ruinas da fachada da portería do convento franciscano de Santo Antonio do século XVII. A fachada está feita a base de cadeirado granítico.

A fachada foi trasladada a esta localización no século XV a partir da igrexa existente no lugar da Misarela (xunto a ponte romana do río Pedras) conservándose os restos doutras construccións anexas en mal estado debido ó abandono da construcción trala exclaustración do s. XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que os freires colocaron no lugar unha imaxe de granito do santo patrón, á que aínda hoxe en día se pode acceder cando vai marea baixa, moi venerada polas mozas solteiras que lle poñían candeas para lle pedir marido.

Tamén conta a lenda que ante tal devoción, máis pagana ca cristiá, os monxes quixeron trasladala a un lugar inaccesible, mais, cada vez que tentaban colocala no novo emprazamento, derrubábase o muro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 104 – Páxina 135)
http://patrimoniogalego.net/index.php/4032/2011/08/castro-de-punta-ostreira/
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5966207784
Lonxitude: -8.92894506454
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84