Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Santiago do Deán (Santiago)
Lugar: O Couto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
O pazo, construído no ano 1717, está feito a base de perpiaño irregular de granito, con planta rectangular e teitume a dúas augas.
De todo o conxunto destaca unha solaina con balaustrada de cantería apoiada sobre seis piares de fuste octogonal, á cal ábrese a vivenda por un dos seus laterais.
O pazo posúe dous escudos. Un deles atópase nun muro ao lado do portón que flanquea a muralla da casa; o outro atópase na fachada orientada ao mar e destaca por ter en relevo as figuras dunha serea e dun león, símbolos das familias Mariño e Romay.
Todo o conxunto atópase rodeado por un muro de cachotería.
No seu xardín se conserva unha fonte de época barroca, un labirinto de buxo e un xardíns de grandes proporcións.
Tamén é posible ver varios alpendres e dependencias agrícolas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 37 – Páxina 67)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6964&ctre=36
http://www.arosanorte.net/Pazo%20de%20o%20Couto%20Puebla.htm
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/pobra-do-caraminal.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6084092434Lonxitude: -8.93855005503
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84