Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Laza
Parroquia: Laza (San Xoán)
Lugar: Laza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Segundo a información aportada por Nieves Amado, a peneda das PISADIÑAS está situada a media ladeira do monte Lastredo, na súa vertente cara o val de Laza. A peneda, sobresaínte na paisaxe polo seu tamaño, é de pizarra irregular, cun saínte ou visera que conforma un abrigo natural cara o oeste.
É un petróglifo central, o máis importante e monumental dunha estación de Arte Rupestre con máis penedas insculturadas, todas situadas nesta ladeira sur do monte Lastredo; ten unha boa posición panorámica e dominante sobre o val de Laza.
Os gravados cubren totalmente o panel da parte superior, inclinado hacia o leste, deixando o abrigo inferior e as paredes verticais libres de símbolos.
Ten gravadas unhas 100 coviñas de varios tamaños, liñas, círculos, ferraduras, podomorfos (pisadas), símbolos fálicos, cruciformes, tridentes e dúas mans.
Os antigos habitantes de Laza interpretaron esta peneda con duas lendas: Aquí habitaban os mouros, ó loitar contra eles Santiago deixou gravadas as ferraduras do cabalo. A segunda di que por aquí pasou a Virxe co Neno na sua fuxida a Exipto e deixaron gravadas as suas pisadas e os instrumentos de costura que usaba a Virxe, tales como tesouras, fío, agulla e dedal.

A estación de Arte Rupestre das Pisadiñas pertence ó chamado ESTILO ESQUEMÁTICO ATLÁNTICO. O significado, segundo as últimas investigacións, sería o de un espazo ritual cun especial contido simbólico. Nesta especie de santuario protohistórico, pudéronse realizar rituais de investidura de xefaturas perante a Idade do Ferro, (en Galicia a cultura castrexa, no primeiro milenio a. C.), similares aos empregados na cultura céltica. Non só sería un santuario para os castros da bisbarra de Laza, senón para os dunha boa parte da conca fluvial do Río Támega, posto que estas estacións funcionaban a nivel comarcal, eran fronteirizas entre o espazo “domesticado, habitable” e o espazo “salvaxe”, situándose nun extremo da área de dispersión dos asentamentos fortificados.
Polo tanto podemos estar ante a máis importante estación de Arte Rupestre do país do Támega.
Fotos: Nieves Amado Rolán, proxecto Alto Támega.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331CA013.PDF
Situación no plano do pxom do concello de Laza
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331PB032.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Hai uns poucos anos, alguén alterou este importante petróglifo cun gravado contemporáneo, o que di moi pouco en favor da educación no respeto á pegada dos devanceiros e ó patrimonio cultural, que é de todos.
A estimación do risco e diagnose do estado de conservación efectuada sobre esta estación alerta sobre o seu alto grado de degradación, podendo observarse a simple vista a delicada superficie da lousa e a perda evidente de motivos (bordes con gravados inacabados e desplacamentos), tanto polo proceso de meteorización, como en menor caso pola acción antrópica.


Onde está localizado

Latitude: 42.0760080005
Lonxitude: -7.45575785637
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84