Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Nemeño (Santo Tomé)
Lugar: Porto do Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa barroca sitúase na aldea de Porto do Souto, sendo igrexa monacal no século XII, incorporándose máis tarde ó priorado do Sar (Santiago). O mosteiro din os documentos, estaba “in territorio bergantinus, nalle selagie locum predictum ubi dicent nemio”.
O edificio presenta planta de cruz latina, na que se inscriben unha soa nave, presbiterio e dúas pequenas capelas laterais. A sancristía está situado tralo altar maior, e o seu acceso realízase a través de dúas portas situadas na cabeceira deste.
Exteriormente a construcción destaca pola súa sinxeleza e sobriedade de volumes. A ornamentación é practicamente inexistente, destacando o gusto pola simetría, que ven dado polo revoco e branqueado dos muros, nos que sobresaen os esquinais e recercado de ocos. A súa fachada, de traza pentagonal e no seu eixo vertical central, sitúase a porta rectangular alintelada, enriba desta unha xanela rectangular que dá luz ó seu interior e rompendo o vértice do pentágono, un corpo rectangular que serve de base á espadana. Esta posúe dous corpos, un inferior con dous ocos en arcos de medio punto que acollen as campás e un corpo superior, máis pequeno, posúe un oco central e está flanqueado por pináculos rematados con bóla e rematando o eixo de simetría outro pináculo similar ós anteriores pero de maior dimensión.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”; Vol. V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/0309CA005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2744541728
Lonxitude: -8.88251632461
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84