
Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Lama Má (San Cibrao)
Lugar: Xocín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Forno comunal de planta rectangular, trátase de pequeno edificio rehabilitado de uso común, con muros de carga tradicional, e con cuberta de estrutura de madeira e tella curva a dúas augas. Na fachada principal conta coa porta de acceso alintelada.
Unha recente intervención deulle o aspecto que loce na actualidade. As paredes están realizadas en pedra de cachotería cun encinte de cemento.
Polo muro do camiño ten pequena ventá cadrada con reixa metálica.
O forno, propiamente dito, tamén se conserva en bo estado no interior. En el os veciños turnábanse para cocer o pan, quentándoo previamente con leña.
Atópase moi preto da capela do Perpetuo Socorro e da aira de canastros de Xocín.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2081049368Lonxitude: -7.63879984617
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




