
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Cores (San Martiño)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal troncopiramidal escalonada con moldura e chafrán cunha inscrición que di: “ESTE CRUZº LO HIÇO A SV… 1851”. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O seu capitel cuadrangular ten figuras no centro e follas nos vértices. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán. O cruceiro é todo de granito cun estado bo a regular de conservación e ben sendo un ben de interese cultural por ter máis de cen anos segundo a lei de patrimonio sobre cruceiros.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/0309CA003.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.18)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2720599212Lonxitude: -8.87574911118
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 20, 2026
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150680304.html
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html