
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Nemeño (Santo Tomé)
Lugar: Pazo do Porto do Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal trapezoidal escalonada (Cuadrangular de dous corpos rematado cun bocel e mediacana), e cunha mesa acaroada. No pedestal ten unha inscrición que di: “ESTE CRUCERO LO MAN / DO HACER D JUAN ANTº DE SOTO REDº DEL ANIVE / RIO DESP. DE SU MUERTE Dª Mª ANTª ROMERO DUE-ÑOS DESTA CASA 1750 / LO RESTAURO Dª YSABEL / AMARELLE Y R. VIUDA D / D ANTº VARELA Y M. / DUEÑO DE LA CASA DE / NEMEÑO EL AÑO DE 1883”. Ten un varal octogonal e un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco ten lados curvos cos vértices achafranados ademais ten volutas, follas de bordes lobulados e querubíns. A súa cruz é cuadrangular cos brazos ornamentados e remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. Sobre a súa cabeza fica a faciana do Pai. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. O Cristo crucificado ten a Virxe e San Xoán no seu lado dereito e a San Francisco en actitude orante á súa esquerda. Polo reverso da cruz fica a Santísima Trinidade: O Padre Eterno, sedente, aparece representado coma un patriarca do Antigo Testamento, barbado, solemne e cunha mitra o tiara sobre a cabeza; nos seus xeonllos acolle coas súas mans a figura do Fillo, aínda neno; a maneira de dosel sobre a súa cabeza a pomba do Espiritu Santo. Ós seus pés fica a imaxe de Santiago Peregrino. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-BURGOA FERNÁNDEZ, J.J.: “Percorrido polos cruceiros da Costa da Morte”. Asociación Neria, 2004.
-LAREDO CORDONIE, J.M.; LEMA SUÁREZ, X.M.: “Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte, I. Bergantiños Occidental e Terra de Soneira”. Seminario de Estudos Comarcais para a promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte. Deputación provincial da Coruña,2012.
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/0309CA006.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.46)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2729882094Lonxitude: -8.88107597833
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(1 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 20, 2026
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150680901.html
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html