Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Santo Estevo de Budiño (Santo Estevo)
Lugar: O Barral
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificación construída sobre unha antiga igrexa, de planta rectangular, feita a base de cantería granítica con teitume a dúas augas. A capela maior, de sección cadrada, é mais estreita e máis alta que o resto. Cóbrese con teitume a catro augas, con pináculos centrais e nas esquinas. No lado sur engadíuselle a sancristía, máis baixa que a nave, con tellado a tres augas e pináculo central.
A fachada principal presenta porta alintelada. Na súa parte superior aparece unha inscrición na que podemos ver o nome de Domingo de Barcias e o ano da súa construción, 1850.
No centro, partindo a cornixa que ven dende as pilastras, aparece unha ventá rectangular de derrame externo e recercada. Unha cornixa voada e moldurada, a modo de capias, sustenta a base da espadana, de un so corpo con dous arcos de medio punto para acoller as campás. Outra cornixa voada sustenta o remate formado polo pe da cruz de remate no centro, e nos extremos pináculos piramidais con bola. Os paramentos laterais so se adornan coa cornixa moldurada que sustenta o tellado.
Na porta lateral do sur atopamos a inscrición “ÒSIENDO ABAD D. MANU PARAMOS AÑO 1849”.
No interior destaca un arco triunfal de orixe románica, que une a nave co presbiterio. O arco triunfal posúe arco de medio punto e amplas arestas rebaixadas.
A capela maior, cunha ventá de derrame interno e a porta que da aceso á sancristía, non conserva ningún retablo.
No interior da igrexa se conservan varios elementos como un Sagrario de madeira, que ten na porta un relevo coa representación do Corazón de Cristo sangrando no Cáliz, e remátase cunha Gloria coas Táboas da Lei e o Año sobre o Libro dos 7 Selos.
Tamén podemos ver varias imaxes, entre elas a do Sagrado Corazón, a Virxe de Fátima, a Virxe do Rosario, o Neno Xesús de Praga, San Roque, a Nosa Señora do Libramento, San Sebastián e a Virxe do Carme.
Esta igrexa sufriu varias reconstrucións e reformas. A última delas realizouna o mestre canteiro Xosé Areal, que aparece como perito de cantería nun documento de data 24 de xaneiro de 1846. No ano 1958 fíxose outra importante reforma, na que se lle colocou o coro de cemento.
No adro da igrexa, e incrustadas no muro que rodea o adro, consérvanse cinco das estacións dun antigo vía crucis que, probablemente, continuaba pola estrada ata o Calvario.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Como elementos mobles podemos destacar a Cruz Parroquial do século XVIII, de prata e prata sobredourada. É unha cruz latina de brazos rectos e terminacións trilobuladas con medallóns en cada unha delas. No cuadrón central do anverso se representa ao Sol e a Lúa sobre a cabeza do Crucificado. Este é de vulto redondo, sustentado en tres cravos e presenta o Cristo morto, coa cabeza lixeiramente ladeada.
No cuadrón do reverso, en relevo, presenta o patrón, S. Estevo.
Procedente desta igrexa atópase actualmente no Museo Diocesano de Tui unha imaxe pétrea da Virxe do Libramento do século XV. Ten 80 cm. de altura.
Na cartela do Museo nomease por Virxe da Expectación ou Virxe da O, e consta a súa procedencia da escola Coimbricense
(Coimbra Ð Portugal), atribuíndoa ao Mestre Pedro.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA002.PDF (Páxinas 2 a 5)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/budino%20s%20estevo.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0983693923Lonxitude: -8.60537812114
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84