Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Cores (San Martiño)
Lugar: Cores
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

San Martiño de Cores foi orixinariamente unha igrexa románica, da que aínda se conservan restos do século XII, e sobre está, dúas xanelas abucinadas orixinais, que foron cegadas. Pero esta igrexa quizais fose moito máis antiga, posto que en documentos do ano 860 aparece nomeado a vila de Corissomario, actual San Martiño de Cores, no “territorio bragantinos” antigo topónimo da comarca que, por primeira vez se cita nun documento. De estilo prerrománico tamén son dous esteos de madeira de castiñeiro que sustentan o teitume, probablemente suevos, con adornos en forma de volutas e espirais semellantes a outros atopados en Inglaterra e Irlanda, pero únicos no estado español, xoias que se poden admirar dende o alto da tribuna. Estes esteos foron colocados outra vez baixo a cuberta na ultima restauración fai poucos anos.
Esta igrexa ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais que están cubertas con bóvedas de canón con arcos faixóns. O presbiterio, que foi restaurado, está cuberto cunha bóveda de forno. Sobre a bóveda da sancristía atopouse unha ara romana invertida, que o párroco expuxo nunha das paredes deste corpo. Nesta sancristía alóxase un pequeno museo formado por achados que apareceron nas terras da comarca. Pódense ver dúas interesantes aras votivas romanas, tégulas, machadas de sílex do neolítico e muíños de man planos da época castrexa. No interior alberga interesantes elementos, como a pila bautismal románica que se utilizaba para facer bautizos por inmersión. Son destacables os retablos barrocos que decoran o altar maior, onde hai un crucifixo atribuído ó escultor neoclásico Xosé Ferreiro e as capelas laterais, sobre todo a capela norte, adicada a Virxen do Rosario. Baixo o cruceiro atopámo-lo brasón dos Osorio emparentados cos Condes de Altamira. O muro lateral norte, sobre o que está a portada románica de finais do século XII, con capiteis en forma de carneiros, unha iconografía infrecuente naqueles tempos, reflecte no exterior as sucesivas ampliacións e restauracións da igrexa. Este muro do século XII, foi restaurado no século XVII. Sobre o mesmo muro hai dous vans e dous arcos apuntados. Maís tarde péchase unha xanela gótica e ábrese outra do século XVIII, ó ampliar defitivamente a igrexa e levanta-la fachada barroca, que está presidida por unha esvelta torre campanario. Bordeando a igrexa polo exterior, pódense admirar outros elementos moi interesantes como a figura dunha cabeza feminina incrustada no muro do testeiro que supostamente trátase dunha deusa prerromana da fertilidade, (foto pequena). Esta figura tróuxose a este lugar tras ser atopada na capela de Santa Mariña de Remuíño (Corcoesto). A continuación dela ollamos dous sartegos: o primeiro da época sueva, Flanqueado por dúas columnas da antiga fachada principal; e o segundo, do século XI, presentando unha forma antropomorfa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”; Vol. V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/0309CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2831092775
Lonxitude: -8.8662567734
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84