Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo, Eira,
Concello: Avión / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Avión (Santos Xusto e Pastor)
Lugar: San Vicenzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Eira de superficie cadrada construída a base de perpiaño granítico e delimitada por tres beiras por un peitoril baixo. A eira conta cunha superficie duns 25 m2.
Ao seu redor podemos ver un conxunto de 17 hórreos en diferentes estados de conservación. Case todos eles teñen a súa estrutura en pedra granítica, con os laterais e frontais en madeira e o seu teitume en lousas de pedra.
A existencia dos horreos en Avión pode remontarse ao século XIV, xa que como aparece nos décimos pagados por diversas parroquias de Avión, concretamente Abelenda, San Cristobo e San Xusto, que lle deron ao Señor de Ribadavia, no ano 1487, 16 fanegas de pan terciado de centeo e millo, 2 fanegas de pan e 40 fanegas de pan, respectivamente, o que fai pensar que xa tiñan a necesidade de almacenamento de cereais, dadas as cantidades das que aquí se falan, e entregáronse ao Señor de Ribadavia. Novamente os pagos de décimos ao Señor de Ribadavia en 1630, indican que continúa a explotación de cereais neste territorio.
No Madoz, Enciclopedia escrita por Pascual Madoz en 1843, aparece como datos a destacar que na agricultura sobresalía o millo e o centeo nas parroquias de Avión, Abelenda e Amiudal. Actualmente no municipio de Avión existen ao redor de 700 hórreos, dos cales o 20% atópanse en bo estado.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen usoAgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AVION/documents/26214ca010.pdf (Páxina 5)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3835005607Lonxitude: -8.25690552592
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84