Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Cores (San Martiño)
Lugar: Adro da igrexa de san Martiño de Cores
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Curceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de cinco chanzos e pedestal cuadrangular moi moldurado e cunha grande escocia levando unha mesa acaroada. Ten un varal cadrado e achafranado que soporta un capitel cúbico con figuras de cabezas do demo. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados. No anverso da cruz presenta a Cristo crucificado con catro cravos e as mans abertas. Ten a cabeza caída sobre o ombro esquerdo cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Cabe destacar os seus xeonllos que están completamente flexionados formando case un ángulo agudo, cara ó lado dereito nun espectacular escorzo. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-BURGOA FERNÁNDEZ, J.J.: “Percorrido polos cruceiros da Costa da Morte”. Asociación Neria, 2004.
-LAREDO CORDONIE, J.M.; LEMA SUÁREZ, X.M.: “Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte, I. Bergantiños Occidental e Terra de Soneira”. Seminario de Estudos Comarcais para a promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte. Deputación provincial da Coruña,2012.
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/0309CA003.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.15)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2830079601
Lonxitude: -8.8665652276
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84