Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Abegondo
Parroquia: Sarandóns (Santa María)
Lugar: Bordel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O edificio actual, habilitado como vivenda particular, data do século XVII. Na fachada hai un pequeno escudo cadrado coas armas dos Figueroa e dos Andrade e, debaixo, a cabeza dunha muller. Unha desafortunada intervención, con galerías de formigón na parte traseira, desvirtúa o conxunto. A construción máis antiga é unha torre do sévulo XII totalmente arruinada, cuberta pola matogueira e á que lle falta a parte superior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda aquí eran recrutadas as mozas cristiáns destinadas aos haréns dos musulmáns ata que eran embarcadas cara o seu destino. Era o coñecido como “Tributo das cen doncelas” ou de “Peito Bordel”. No ano 765, cinco fidalgos, fartos de semellante aldraxe e armados só con ramas de figueira, puxeron en fuxida aos moros de Abderramán.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castelos de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/coag/mapes/ABEGONDO/documents/27648ca007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2093611093
Lonxitude: -8.34563970566
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84