Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Lobios
Parroquia: San Paio de Araúxo
Lugar: Puxedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Monumento de notables dimensións concibido como un arco de triunfo adovelado; aparece enmarcado por pilastras de escaso resalte sen función sustentante, sinaladas nos laterais polas molduras dos capiteis dóricos. Remata con cornixa sobre a que asintan pináculos piramidais flanqueando unha cruz de desenvolvido pedestal formado por volutas contrapostas, no que figuran esculpidos diversos motivos alusivos á Paixón.
No interior do arco aparece unha fornela sobre repisa; preside a composición o Espírito Santo e a Virxe do Carmen acompañada de monxes franciscanos. O monumento presenta gravada a data da súa construción: ANO DE 1798.
Atópase situado no lugar de Puxedo, no Concello de Lobios, dentro do conxunto monumental de San Antonio, nun cruce de catro camiños. A súa ubicación estratéxica nun sito de tránsito débese a que era o lugar onde os romeiros depositaban as súas esmolas e tamén servía de refuxio da Santa Compaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8979226571
Lonxitude: -8.03765469215
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84