
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cedeira
Parroquia: Régoa (Santa María)
Lugar: Campo dos Carrís
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos feita de laxas de pizarra. Ten un pedestal troncopiramidal no que vai un varal circular que comenza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. O ábaco é de lados curvos cos vértices achafranados. Ten figuras de volutas, cunchas, orlas vexetais e querubíns. A súa cruz é circular mostrando no seu anverso o Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza lixeiramente caída sobre o ombro esquerdo cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito sobre unha peaña. Este cruceiro de principios do século XX ten mistura de pizarra, granito e serpentina cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CEDEIRA/documents/0113CA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6992086424Lonxitude: -7.98697259822
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 17, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1502201.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2003). Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación. Cuadernos de estudios gallegos, (L).
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2003). Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación. Actas do IV congreso galego de cruceiros. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2001). Cruceros y cruces de Ferrolterra. Biblioteca de Ferrolterra. Edicións Embora.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2009). Os cruceiros nos camiños galegos de peregrinación. Actas do iº cogreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html