
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: Porta Ventosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Tomando como referencia o lugar de Mallou, subimos polo camiño que nos leva ata o seu castro ata chegáremos arriba de todo a un cruce coñecido como o Martiaño, a uns 1`4 Km de Mallou. Neste cruce atoparemos a nosa dereita, a pista que vai en dirección ó monte de Lira; de fronte, a pista que leva a Ancoradoiro; á nosa esquerda, a pista que leva ó Filladuiro; e a seguinte á esquerda, por riba da pista do filladuiro, esta é a que temos que coller. A uns 950 metros chegamos á parte máis alta, onde sae un ramal con dirección a Porta Ventosa e ó Monte de Muros.
Neste cruce está a laxe gravada, no chan mesmo da pista onde fai unha curva, cunha superficie visíbel de 4 x 2`50 metros, a cal quedou ó descuberto durante os traballos de construcción da pista, segundo contan os vellos e como ben o pon por escrito no seu libro de “Gravados rupestres nos montes de Carnota” de José Cernadas sande.
Os gravados están compostos por 3 combinacións circulares de 70, 50 e 50 cm de diámetro, sendo estes os motivos máis visíbeis. As tres figuras teñen coviña central, así como, trazos rectilíneos que atravesan os círculos. Tamén se aprecian coviñas ailladas de diferentes dimensións, 3 cruciformes e varios trazos curvos espallados asociados a coviñas ou surcos rectos. O tamaño do suco nas combinacións circulares é de 2/2`5 x 1 cm de profundidade, moi liso. A laxe é de gran fino e bastante branda. Na superficie da laxe pódense ver as marcas deixadas polas máquinas de obras e que afectaron ós gravados.
Comentar que a 150 metros deste lugar por onde viñemos, atopamos os petróglifos das Laxiñas, xa recollidas noutra ficha.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15020046
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. 2008, Santa Comba (2ª edición).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Este é un dos conxuntos rupestres que necesita URXENTEMENTE algún tipo de protección, e non nos referimos a papeleo burocrático, xa que os vehiculos poden pasar por riba dos gravados sen darse de conta posto que tampouco non hai ningún tipo de sinalectica que poida poñerche en aviso.
Onde está localizado
Latitude: 42.7987299712Lonxitude: -9.09120291472
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Raúl says:
Out 18, 2015
A situación destes petróglifos é efectivamente preocupante. É moi probable que vehículos 4×4 pasen por riba dos gravados. Ademáis, nunha visita realizada hoxe, pudemos ver que alguén pintou na laxe con spray unha sinal para indicar unha ruta, como se pode apreciar na seguinte imaxe:
http://i454.photobucket.com/albums/qq269/Hammone/Mobile%20Uploads/2015-10-18_14-20-01_o_zpsku0y9zdp.jpg