
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Perillo (Santa Locaia)
Lugar: Igrexario de Perillo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico cunha inscrición. Ten un varal cadrado achafranado e a un tercio de altura polo anverso da cruz ten un brasón bastante desgastado. Leva un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ten o ábaco con lados curvos e os vértices achafranados. Tamén ten figuras de volutas, follas de “camelia” e flores. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con remates de forma flordelisada. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada sobre unha peaña e unha serpe ós seus pés. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.33497287Lonxitude: -8.37246008226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




