
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Soutelo (San Vicente)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa de planta rectangular feita a base de perpiaño granítico, con teitume a dúas augas. Sufriu distintas reformas nos últimos anos, pero conserva trazas románicas.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso, alintelada no centro e con acodos nas esquinas superiores. Por enriba dela unha ventá en media circunferencia. Antes da espadana atópase a cornixa moldurada que recorre os paramentos laterais da nave.
A espadana posúe dous ocos de arco de medio punto moldurados na parte superior. Remata nunha cornixa superior con pináculos nos extremos, e no centro unha base para a cruz de pedra de arestas moi rebaixadas.
Na parte final da nave ten unha pequena ventá rectangular coas arestas rebaixadas a modo de derrame externo. No paramento sur ten outra porta de acceso con arco e arestas rebaixadas.
A sancristía está acaroada á última parte da nave e á capela maior neste lado sur. Remata con capias e cruz de remate.
A capela maior posúe planta cadrada.
No interior da igrexa destaca o arco triunfal, que se apoia en impostas con bólas. É de medio punto coas arestas rebaixadas.
No exterior da igrexa, na parede leste da sancristía, podemos ver unha pedra que ten gravado o pentáculo, a estrela de cinco puntas que na idade media usábase como signo persoal, pero posteriormente, nos séculos XVII-XVIII, pasou a ter un significado profiláctico, de protección, para evitar males.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No paramento leste, onde en tempos estivo o retablo maior, ten no centro o Sagrario sobre unha columna de pedra. Enriba del un Crucifixo e nos lados, sobre peañas de pedra, o Patrón e a Virxe do Rosario.
Aos lados do Sagrario, sobre pequenas peañas de madeira, hai dúas pequenas imaxes: San Roque e Santa Lucía.
No lado sur da igrexa, no adro, está a antiga pía bautismal románica á que lle falta o pé. A súa labra consiste en tres círculos: un na parte inferior, outro un pouco máis alto e outro na parte superior. Os círculos únense entre si por unha labra similar que divide a superficie de entre eles en tres partes.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA003.PDF (Páxinas 5 e 6)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/soutelo.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0749991502Lonxitude: -8.6015278101
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84