Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Lama Má (San Cibrao)
Lugar: Xocín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Marco inxerido nun muro que delimitaba o terreo do Couto de Xocin “Coto de Villa Joachini” na antigüidade, que logo derivou en “Joacín”, como podemos ver no Catastro de Ensenada.
Trátase de un fito chantado como marco de termo facendo de peche con antigo camiño de carro, formado por unha pedra con 1,50m de altura sobre o terreo, con un diámetro na súa base de uns 40cm e na cima de uns 30cm.
Na cara que mira cara o camiño ten gravada unha cruz con suco romo e profundo, non se aprecian mais gravuras, aínda que ó non estar limpo poderían pasar desapercibidas.

Aparece referenciado no Catastro de Ensenada, onde define os limites do couto:
“…..la confrontación del L. (levante) es con camino del lugar de Calvelo y principia en el Marco o Mojon que se llama de Rozas……….”
“….. y confronta con termino del lugar de Villariño Datorre y de este sigue al Marco do Rial y de este al de Rozas en donde principio este marqueo”

Probablemente puido ser reaproveitado de outra utilidade anterior, quizais unha antiga Pedrafita.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController?accion=4&opcionV=3&orden=0&loc=6711&pageNum=1


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2053959616
Lonxitude: -7.63793215156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84