Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: A Ponte - Adecoita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cadrada coas arestas rebaixadas dá paso a un varal que comeza en sección cadrada para continuar en octogonal.
O seu capitel é de tipo xónico, con volutas e caras de anxos nos seus catro lados.
O conxunto remata nunha cruz cos brazos potentados no que aparece a imaxe de Cristo crucificado no anverso, baixo cartela de INRI e cun monxe nun lateral; no reverso podemos ver a imaxe da Virxe sobre peaña en forma de cara de anxo.
Este cruceiro cambiou de lugar. Orixinalmente atopábase a escasos metros, no cruce de camiños.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/cruceiro-do-pineiro/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360381003.html
BIBLIOGRAFÍA
REBOREDA CARREIRA, Alberte (Coord.): “Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio”. Concello de Pontevedra. 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3490891018Lonxitude: -8.60554945236
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
DavidConde says:
Ago 21, 2015
O cruceiro non estaba “a escasos metros”, senón a poucos pasos da súa situación actual, pois o trazado da carretera modificou o cruce e agora parece máis amplo do que foi en tempos.
Por unha ou dúas veces camións romperon o varal, ciscando os cachos polo chan, polo que este é novo. No mesmo momento en que se refixo o varal, o canteiro, moi “curioso” el, abuxardou o pedestal borrando a inscrición que tiña.
JAVIER RODRIGUEZ says:
Set 18, 2024
MI FAMILIA PINEIRO SALIO DE PORTAS HACIA PUERTO RICO, 1700 SU NOMBRE DOMINGO PINEIRO HIJO DE JOSEF PINEIRO. AMEN