
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Neves
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Carrasqueira
Outra denominación do ben: Cruz da Carrasqueira
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situado no adro da Capela da Ascensión (http://patrimoniogalego.net/index.php/65145/2014/12/capela-da-ascension-2/), este cruceiro nace sobre un chanzo cadrado, aínda que é posible que teña máis baixo a capa de asfalto.
A súa base é cúbica moldurada nas súas catro caras. Na súa cara dianteira aparecen dúas almiñas en posición orante.
O seu varal cadrado coas arestas rebaixadas da paso a un capitel con volutas e con caras de anxos no centro dos seus catro lados.
A cruz, de tipo latina cos brazos potentados, posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe de pé e coas mans entrelazadas en actitude orante no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA003.PDF (Páxina 3)
http://taboexa.net/petos-de-animas.php#
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360341102.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=18012&ctre=55
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (2007). As Neves: Cruces, Cruceiros e Petos. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
OUTRAS REFERENCIAS
Centro de interpretación do patrimonio local socio cultural de Taboexa
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1472646025Lonxitude: -8.43851655722
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xul 3, 2019
Estado deste cruceiro a día 1 de xullo de 2019.
A fotografía foi moi amablemente cedida por Javier Torres.
Oscar Franco says:
Abr 19, 2022
Estado do cruceiro despois da súa restauración (marzo 2021), na que tamén se recuperaron os chanzos e se desprazou o conxunto uns 3 metros ata a súa ubicación orixinal.
Fotografía do 15 de abril de 2022.