
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Padrón
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: Estramundi de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Unha pedra cun posible podomorfo, a falta de confirmación polos especialistas, atópase a carón da capela de Santiaguiño do Monte e a súa fonte milagreira, lugar situado a 141 de altitude nun monte de forte pendente, e dende onde se pode apreciar unha ampla visión do territorio que rodea a vila de Padrón e o seu amplo val, que é punto de confluencia do río Sar co Ulla.
O santuario precristián foi lugar de ritos ancestrais e despois claramente cristianizado e inxerido na tradición xacobea, impulsado no século XV polo arcebispo Rodrigo de Luna e nos principios do XX polo arcebispo Martín de Herrrera. Non podemos concretar se formaría parte dun conxunto máis amplo de petróglifos, dado que o lugar que ocupa a capela e a fonte foi fortemente transformado para a súa construción, e só quedou bastante ben conservado o grupo de batolitos con cruces e cavidades, que se atopan a uns poucos metros do podomorfo e que é o máis popularmente coñecido. A tradición conta que o apóstolo predicou aquí aos “xestís”, e co seu báculo fixo brotar auga debaixo da fonte. Tamén fai referencia ao ermitán Gregorio e sitúa alí outra pequena ermida coa tumba do santo a “casa do ermitán”, dándolle así o nome ao Monte de San Gregorio, onde esta se atopa. Outra lenda apunta á que viviu alí a Raiña Lupa.
Este podomorfo, en caso de que fora confirmado como tal, ten moito parecido co achado a escaso metros das “pedras fermosas” do castro de Briteiros, aínda que apareceron tamén noutros contextos e dentro do ámbito de territorios que se atribúen á cultura céltica. Algúns autores queren apuntar a que estes ritos estarían relacionado con rituais de iniciación guerreira ou doutro tipo tales como curación, toma de posesión dun lugar, xuramento , aplicación de xustiza, etc, cousa que aínda non se poderían definir dado a total ausencia de fontes sobre o tema. Na segunda foto está a comparación dos dous podomorfos citados. A foto en branco e negro está no traballo de varios autores na revista Cuadernos de estudios gallegos nº 119, citado na bibliografía.
Esta ficha foi redactada polo interese que poida ter esta gravura na pedra e evitar dentro do posible a súa destrución sen antes poder confirmar a súa autencidade.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Sobre os podomorfos
Llinares, María del Mar. Los lenguajes del silencio. Arqueológía de la Religión.
Ed. Akal. ISBN 978-84-460-3273-1
Arizaga Castro, Alvaro R. – Fábrega Alvárez, Pastor.
Ayán Vila, Xurxo M. – Rodríguez Paz, Anxo
A apropiación simbólica da cultura material castrexa
na paixase cultural dos chaos de Amoeiro (Ourense. Galicia)
Cuadernos de Estudios Gallegos, LIII
N.º 119, enero-diciembre (2006), pp. 87-129
ISSN 0210-847 X
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7380887837Lonxitude: -8.66736531258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
manuel says:
Nov 1, 2014
Non tiña nin idea de que houbese autores que propoñesen que os podomorfos estaban relacionados con ritos de toma de posisesión dun lugar ou con ritos curativos. Poderías facer referencia a eses autores.
Elixio says:
Nov 1, 2014
No libro citado de M. del Mar Llinares , páxina 137, en google books, por exemplo
manuel says:
Nov 1, 2014
No googlebooks non é posible ver esa páxina. Sigo sen comprender porque non inclúes na bibliografía a esa publicación tan misteriosa.
magago says:
Nov 2, 2014
Lolo, non todo o mundo ten por que saber a cronoloxía final das ideas: de feito, se non se está metido ata as cellas nese mundo, é ben complicado. Eu penso que nese sentido é mellor sempre achegar que sospeitar. que só costa poñer unha ligazón. Aquí vai algunha referencia ás primeiras achegas desa teoría sobre a funcionalidade dos podomorfos en relación ao caso galego. Non sei se é o primeiro artigo publicado pero en todo caso figura ben acreditados os autores, Manuel Santos e Marco García.
http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=29597
Cónstame que Elixio quedou bastante preocupado co teu comentario. Neses casos, insisto, mellor sumar que restar con alguén que, ademáis, interesouse por esta teoría aínda que non coñeza o seu orixe directo. Apertas!
manuel says:
Nov 2, 2014
Manuel, penso que estas cousas arránxanse falando tranquilamente e con claridade. Tal e como acabas de facer. De tódolos xeitos, sempre pensei que este era un proxecto de catalogación e non de valoración ou interpretación. Neste senso, e xa que falas de cronoloxía, non sería nin a primeira nin a segunda vez que, desde un dos organizadores desde proxecto, me cambian a cronoloxía dos sitios arqueolóxicos intruducidos por mín. Deixemos aquí o conto, que tampouco é para tanto, pero insisto en que sería importante non perder ese caracter de inventario.
Un afectuoso saúdo.
elixiovieites says:
Nov 3, 2014
Acceso ao traballo de Arizaga Castro, Alvaro R. – Fábrega Alvárez, Pastor.
Ayán Vila, Xurxo M. – Rodríguez Paz, Anxo
A apropiación simbólica da cultura material castrexa
na paixase cultural dos chaos de Amoeiro (Ourense. Galicia)
Cuadernos de Estudios Gallegos, LIII
N.º 119, enero-diciembre (2006), pp. 87-129
ISSN 0210-847 X
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewArticle/4