
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Dodro
Parroquia: Dodro (Santa María)
Lugar: Lestrobe (monte de San Gregorio)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:
Segundo a ficha do pxom de Dodro do ano 2010, o Castelo do Vilar podería ser o resultado da refortificación en tempos medievais dun castro xa existente no lugar. Situado a case 200 metros de altitude ten unha inmellorable visión sobre a canle do río Ulla e as terras da súa contorna. Tamén apreciamos que se ve perfectamente o monte Muralla, lugar onde se atopaba outra pequena fortaleza ou atalaia.
Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar que habería uns muros, pero o seu estado xeral é bastante malo para poder confirmalo. Sobresaen uns penedos no cume que parecen que foron traballadas para asentar lenzos de muros ou estruturas de madeira. Tamén se aprecia unha pequena terraza bastante chan que está cinguido por un parapeto moi esborrallado, pero apreciable nos planos Lidar. Este recinto cinguiría dous curutos rochosos naturais froito do afloramento das penedías sobre o cume do monte.
Ten unhas medidas de 150 metros de norte a sur e 100 de leste a oeste.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15033009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA109.JPG
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As labores de plantación no monte achéganse moito ao seu carón e podemos ver como destrúen as poucas pedras caídas que quedan ao seu redor e removen o solo.
Onde está localizado
Latitude: 42.7337586057Lonxitude: -8.68212819099
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Out 30, 2014
Ficha do pxom de Dodro co Castelo do Monte Vilar
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA109.JPG