
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Verdía
Lugar: Casanova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro cun recinto único de forma oval. As defensas da metade occidental limítanse a un terraplén sinxelo dotado de pendente moi forte. A estrutura defensiva é máis complexa e desenvolvida no sector oriental en aparente relación coa potencial vulnerabilidade topográfica. Por este lado, o castro posúe unha muralla de terra de grande desenvolvemento en altura e anchura, á que antecede un foxo duns oito metros de anchura media e que foi realizado na rocha do substrato ata uns tres metros de profundidade.
Ao longo do foxo e na base da muralla do castro, aparece un muro de pedra seca que acada un metro de altura.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15078035
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf
Pax. 21 e seguintes
VV.AA. (1987): Catalogación de Yacimientos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago. Pp. 111, 112, 147 (fig. 3). Arqueoloxía/Investigación 3. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Benestar Social. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico. Santiago.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Nom
Onde está localizado
Latitude: 42.960960392Lonxitude: -8.50333226724
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Nov 13, 2015
Plano de pendentes do ano 2009 do visor CDIX onde podemos ver
ademais deste castro de Casanova o castro da aldea de A Torre,
parroquia de Chaián, Concello de Trazo, ao oeste e despois
da canle do río Tambre.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0095A-0102.pdf