
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Nogueira de Ramuín (San Martiño)
Lugar: Nogueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa construída en cadeirado granítico, cunha soa nave rectangular, e con teitume a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro augas.
De orixe románica, as obras comezaron na segunda metade do século XII aínda que seguirían ao longo dos séculos XVI e a principios do XX.
No conxunto destacan as dúas portadas románicas. A principal é de medio punto con tres arquivoltas semicirculares que descansan sobre catro columnas rematadas en capiteis decorados con motivos florais e antropomorfos. O arco interior componse de catro lóbulos e vai apoiado en dúas ménsulas que teñen esculpido dous anxos cun libro nas mans. No tímpano aparece un león esculpido sobre unha folla
A portada lateral, máis sinxela que a anterior, posúe tres arquivoltas semicirculares. Nel destaca o arco interior no que se pode ver un tímpano apoiado sobre dúas ménsulas historiadas; nunha delas aparece un león esculpido sobre unha folla.
Os canzorros que presenta a igrexa actual pertencen á antiga construción románica, e están esculpidos con diversos motivos decorativos.
A espadana, obra do século XVI, é de dous corpos. O primeiro posúe dous ocos de arcos semicirculares. Por riba dela aparece o segundo corpo con forma de tímpano, con pináculos nos estremos e cruz pétrea coroando o conxunto.
No interior destaca a capela maior, con bóveda estrelada de cinco claves.
O retablo máis destacable é o do altar maior, de época barroca, distribuído en dous corpos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
A igrexa posúe dúas obras de orfebrería de interese artístico:
A primeira é un copón repuxado do ano 1569, pertencente á Irmandade das Ánimas.
A segunda é unha cruz procesional en prata do século XVIII.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA004.PDF (Páxina 1 a 3)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA001.PDF (Páxina 8)
http://www.nogueiraderamuin.com/#
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=24214&ctre=31&volverFicha=true
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4188200804Lonxitude: -7.74881869555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




