
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pantón
Parroquia: Ferreira de Pantón (Santa María)
Lugar: Goián
Outra denominación do ben: Casa grande de Goián // Casa da Pousa // Casa da Torre
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pazo de planta irregular, xa que se compón de varios corpos, feito a base de cadeirado granítico e con teitume de tella. A construción actual, que posúe tres alturas, data do século XVIII.
A edificación principal contén dous patios, unha escalinata rematada nunha solaina do século XVIII con artísticos balaústres e columnas de pedra, e dous escudos de armas. No interior destacan as estancias chamadas “do bispo” e “dos freires”. No soto aínda se conserva o lagar.
Das edificacións auxiliares destaca unha capela con campanario, cun retablo no seu interior.
O conxunto atópase pechado cun muro que rodea unha finca de 22 hectáreas aproximadamente.
As orixes desta casa solarenga remóntanse ao ano 1376, no que aparece referenciada nun documento que indica que nesa época a abadesa de Ferreira aforou aos fillos de Alfonso Pérez de Goián unha finca no lugar de Os Picoutos e a herdanza de Goián.
Tamén existe outro documento do 4 de xaneiro de 1501 no que se nombra a Critovo Somoza como dono da casa.
O Pazo de Goián estivo vencellado a diferentes liñaxes relacionados co mundo da cultura e a política, como a familia Ribadeneira, Quiroga, López de Lemos, Valcarce, o Duque de Sangro e a familia Somoza. A finais do século XIX mercouno D. Manuel Soto Freire, impresor lucense, editor de Rosalía de Castro e de Murguía, que faleceu nesta casa en 1897.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://es.concellodepanton.es/pazos/4547539467
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2013/03/13/orillas-rio-carabelos/0003_201303E13C4991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/06/25/0003_6933483.htm
https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/vende-ribeira-sacra-pazo-capilla-22-habitaciones-millon-euros/202503011945351852226.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5222394975Lonxitude: -7.61832118034
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




