Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lousame
Parroquia: Lousame (San Xoán)
Lugar: Seoane
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo neoclásico con planta rectangular e muros de sillería de granito, tellado a dúas augas e cuberta de tella do país. Sancristía acaroada ao muro norte. Porta decorada con pilastras nos lados e un frontón con volutas na parte de enriba coa figura de San Xoán no medio . No medio da fachada unha ventá rectangular flanqueada por dúas pedras armeiras. Remate das esquinas superiores en pináculos, e do cume arranque un campanario de dous corpos. O primeiro con dous ocos de remate en arco de medio punto, onde se colgan as campás, e con pequena balaustrada sobre cornixa saínte con adornos de placas. O superior, vai a modo de pequena espadana onde está unha campá e acaba en cuberta de arco curvo con cornixa voada e pináculo de bóla igual aos da parte baixa. O templo está rodeado por un muro con balaustrada. Na parte da entrada o portón está enmarcado con dúas columnas con dúas grandes bólas de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA005.pdf
Pax 6


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7726602558
Lonxitude: -8.84380102158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84