
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Redondela
Parroquia: Negros (Santo Estevo)
Lugar: Pregal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto composto por un cruceiro cun varal cadrado coas arestas rebaixadas, un capitel moldurado e unha cruz de forma octogonal cos brazos que rematan con decoración florenzada.
O peto posúe unha fornela de arco rebaixado con pilastras nos laterais. Debaixo da repisa aparece o oco para as esmolas. O peto non conserva o retablo.
No 1968 o novo trazado da liña do ferrocarril obrigou a trasladalo á beira da estrada Redondela-Peinador e, no 1980, foi desprazado uns 50 metros.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://anecdotarioredondelan.jimdo.com/que-ver/cruceiros-e-petos-i/
https://cruceirosdegalicia.xyz/360450501.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2005). Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ANTUÑA SOUTO, Carlos A. e ORGE QUINTEIRO, José Antonio. (2005). Cruces, cruceiros e petos de ánimas no concello de Redondela (2ª parte). SEMINARIO DE ESTUDIOS REDONDELÁNS (SEREN), (2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2631433782Lonxitude: -8.61554771662
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84