Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Camariñas
Parroquia: Camariñas (San Xurxo)
Lugar: Camariñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa foi doazón dun indiano, don Domingo Antonio Rodríguez Canosa, emigrante da vila que fixo fortuna en México e que empregou os cartos nesta obra. A súa morte quedou inconclusa, mais foi rematada pola comunidade de veciños e foi aberta no 1748. Porén, o edificio enteiro no se remataría ata o ano 1805.
A fachada, construída en cantaría de granito, constitúe un dos máis fermosos exemplos arquitectónicos da comarca. De traza pentagonal, resalta o seu pano central, cun aumento da decoración volumétrica grazas ás placas. Este labor remítenos ao arquitecto santiagués Simón Rodríguez. Molduras pétreas enmarcan, ademais, os vans da fachada, coroada cun esvelto campanario de dous corpos. Esta igrexa consta dunha soa nave cun amplo cruceiro e unha capela maior. Desde esta accédese á sancristía apegada ao muro leste. Foi engadida no século XIX e conta tamén cun acceso exterior e dúas portas desde a ábsida.
Esta igrexa correu un serio risco de virse abaixo cando nos anos da república, un grupo de xentes anarquistas da Ponte do Porto quixeron dinamitala. Segundo Manolo do Sariño o vello, xa ben entrada na república nos inicios da guerra civil, un grupo da Ponte quería dinamita-la igrexa, co cal, os veciños de Buría e Camariñas facían gardas no Alto das Rubias para que non pasaran. El foi un dos que lle tocou facer garda pola noite porque era cando se asomaban, como ben recorda el, petábanche na porta para ir facela garda nas Rubias e cando viñan había moita tensión e ata había bombas de man.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior mostra a puxanza económica da vila durante os comezos da Idade Contenporánea ao encargar os retablos ao escultor neoclásico galego Xosé Ferreiro, que labra as tallas de Santo Domingo, San Francisco, San Xurxo e a Virxe do Monte. Os dous retablos das capelas laterais tamén foron feitos por dito autor, nado na vila de Noia.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas». Deputación da Coruña,1998.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.13451940057686
Lonxitude: -9.183159470558166
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84