Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiña(Santa Mariña)
Lugar: Os Eidos
Outra denominación do ben: Petroglifos dos Campos. Outeiro dos Lameiros 8.
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Nas laxes e paredes do propio Outeiro dos Lameiros hai tres petróglifos (máis dous de feitura recente ) destacando esta parede vertical de 15 metros de longo e cinco de altura.

É a superficie con máis cuadrúpedes da nosa arte rupestre, contamos uns 78, todos eles, agás catro, coa dirección do paso de esquerda a dereita. Polo menos cinco están montados en clara escena de equitación, unha delas cunha importancia implícita dada pola man gravadora debido ó seu gran tamaño de 51 cm. de longo por 32 cm. de ancho e un suco que acada os 7 cm. de ancho e os 2’5 cm. de fondo.
Afirmamos que esta gran manda de cuadrúpedes son cabalos por estaren algúns montados e sobre todo pola cola espesa co pelo caído cara o chan e por careceren de cornas.
Pero no panel non só hai animais gravados, tamén algunhas figuras abstractas como un óvalo con divisións interiores con coviñas e apéndices no lado dereito e na parte baixa ocupando a parte central do panel, sendo un motivo sen paralelo en Galicia.
Á esquerda do óvalo central hai unha especie de escada que semella un cercado sen que poidamos saber que quixeron representar con estas dúas liñas paralelas unidas por outras menores a xeito de escaleiriforme.
Na zona dereita e a media altura unha figura de seis raios curvos que conflúen nun punto central semellándose a unha estrela dextroxira, chamada así porque o sentido do movemento simulado vai de esquerda a dereita.
Diante do panel hai un banzo de 6 x 2 m. aproximadamente sobre o que hai gravados circos concéntricos con coviña central.
Aínda podemos observar no extremo superior esquerdo cinco cuadrúpedes a distintos niveis quizais querendo transmitirnos a sensación de dinamismo e ascensión por unha ladeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36003025
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/10/petroglifos-de-outeiro-dos-lameiros.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0972908486
Lonxitude: -8.84045898914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84