
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiña (Santa Mariña)
Lugar: Os Eidos
Outra denominación do ben: Petroglifos dos Campos. Outeiro dos Lameiros 3.
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Superficie descuberta durante os traballos arqueolóxicos do ano 2007, que incluían a prospección intensiva da zona, que deu como froito o achado desta laxe case completamente tapada por follato, terra e sobre a que vivían dous eucaliptos. A limpeza descubriu unha pedra de 4’20 x 6’40 m. sobre a que hai gravados cinco reticulados todos incompletos.
Estas insculturas enriquecen aínda máis esta zona como a de maior concentración de reticulados que se coñece en Galicia. Por outra banda pon en dúbida que sexan taboleiros de xogo, polo menos non todos xa que estes, a pesar de estaren nunha superficie horizontal, están sen rematar e chama a atención unha liña sinuosa que parte do extremo dun dos reticulados.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36003020
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/10/petroglifos-de-outeiro-dos-lameiros.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0975915874Lonxitude: -8.84016260505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 25, 2018
Engado a seguinte referencia bibliográfica:
FERNÁNDEZ PINTOS, Julio. “Tableros de juego rupestres en el SO. de Galicia”. Licencia Creative Commons. Decembro 2017. (En liña: https://www.academia.edu/35534627/Tableros_de_Juego_Rupestres_en_el_SO._de_Galicia)
Oscar Franco says:
Ago 17, 2020
A prensa dixital do 16 de agosto de 2020 volve dar tristes novas. O fermoso conxunto dos petróglifos de Outeiro dos Lameiros foron riscados .
Este tipo de feitos están a ser moi habituais no xa moi estragado arte rupestre.
http://xornaldevigo.gal/val-minor/55941-video-asi-estragaron-10-petroglifos-da-estacion-de-outeiro-dos-lameiros-en-baiona/
https://historiadegalicia.gal/2020/08/estragan-10-petroglifos-en-baiona-alguns-unicos-en-galicia/
https://www.galiciamaxica.eu/blog/petroglifos-milenarios-danados-por-la-ignorancia/