
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiña (Santa Mariña)
Lugar: Os Eidos
Outra denominación do ben: Petroglifos dos Campos. Outeiro dos Lameiros 5.
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Nesta laxe de 5x3m. inclinada cara o sur hai un grupo de motivos abstractos comúns á fachada atlántica europea, circos concéntricos, circos simples e coviñas.
No centro da superficie destaca unha combinación circular de cinco aneis cunha coviña central da que sae un suco até o exterior das circunferencias. Na parte alta catro circos
concéntricos con coviña central e unha serie de liñas curvas asociadas, este conxunto áchase vinculado ó grupo inferior por medio dunha liña que relaciona a maioría das figuras do panel. Nesta parte inferior outra volta circos, simples e concéntricos, coviñas e liñas curvas.
Este equilibrado conxunto forma extrema entre as parroquias de Baíña e Sabarís e na mesma extrema temos outros catro petróglifos máis aquí na zona do Outeiro dos Lameiros.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36003022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/10/petroglifos-de-outeiro-dos-lameiros.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0965997914Lonxitude: -8.84088143706
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 17, 2020
A prensa dixital do 16 de agosto de 2020 volve dar tristes novas. O fermoso conxunto dos petróglifos de Outeiro dos Lameiros foron riscados .
Este tipo de feitos están a ser moi habituais no xa moi estragado arte rupestre.
http://xornaldevigo.gal/val-minor/55941-video-asi-estragaron-10-petroglifos-da-estacion-de-outeiro-dos-lameiros-en-baiona/
https://historiadegalicia.gal/2020/08/estragan-10-petroglifos-en-baiona-alguns-unicos-en-galicia/
https://www.galiciamaxica.eu/blog/petroglifos-milenarios-danados-por-la-ignorancia/