Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiña (Santa Mariña)
Lugar: Outeiro dos Lameiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Os motivos mellor conservados son os que permanecían soterrados, e conforman unha figura abstracta que amosa unha gran harmonía compositiva con circos simples, coviñas e liñas curvas tanxentes a unha greta natural. Con estes motivos abstractos contrastan as figuras da dereita da superficie onde hai dous rebaixes, un circular e outro cuadrangular, este cun suco de saída; hai tamén unha figura con certa aparencia antropomorfa (de ser humano) e dous zoomorfos de catro patas, un deles montado e adosado nos seus cadrís a dous circos concéntricos.
En definitiva unha superficie pequena onde coinciden a arte abstracta de coviñas, rebaixes e circos e a arte naturalista dos zoomorfos e do posible antropomorfo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/10/petroglifos-de-outeiro-dos-lameiros.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0969193913
Lonxitude: -8.8401927799
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84