
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Xermade
Parroquia: Cazás (San Xulián)
Lugar:
Outra denominación do ben: Anta de Mediafariña
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
Da anta de Mollafariña consérvanse seis dos dez ortostatos de cuarcita, de grandes dimensións, que conformaban a cámara poligonal. O túmulo desapareceu, removido por traballos agrícolas. Un informante do lugar testemuñou que a medoña fora desfeita para usar a terra na construccion dun campo de fútbol que hai nas proximidades, e que os chantos salváronse por pouco de ser tamén removidos.
A medoña está perto dun vello camiño Real, e forma parte dunha necrópole megalítica máis ampla, a do monte Pelreo.
Foi proposta para inscribirse na lista de Bens de Interese Cultural no 2008.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.31366628303656Lonxitude: -7.809774577617645
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Out 23, 2011
A medoña de Mollafariña consta no Catálogo de Bens Culturais do PXOM de Xermade, coa referencia B-23 (páxina 80), e con grao de protección 1 (integral).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XERMADE/documents/0645NO100.pdf