Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Moaña
Parroquia: Meira (Santa Eulalia)
Lugar: O Pombal
Outra denominación do ben: Outeiro da Grela
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Torre de Meira foi unha construción situada nun promontorio de 92 m2, situado a 140 m de altitude.
O que hoxe en día podemos ver neste lugar son os cimentos moi alterados dunha construción de época medieval situados a uns 140 metros de altitude. O conxunto, escavado no ano 1976, estaba composto dunha torre de vixilancia de sección cadrada de 5,9 x 7 metros feita a base de cadeirado granítico, un patio de armas, unha muralla e un foxo.
A Torre de Meira pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares. A súa ocupación data do século XV. A metade da Torre foi derrubada durante as segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Finalmente sería destruída ata a base no ano 1476 polo señor feudal Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga).
No lugar atopouse material cerámico, metálico e osos, todos eles depositados no Museo de Pontevedra.
Na contorna podemos ver tamén uns petróglifos (http://patrimoniogalego.net/index.php/65887/2014/12/petroglifos-da-torre-de-meira/)
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36029029
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
O lugar rexistra varias lendas e tradicións orais:
* No castelo existe unha cova con dúas olas. Unha chea de ouro e outra de veneno. A cova era poseedora dun encanto que decía: “Entrarás e non voltarás”. Se alguén era capaz de entrar e coller unha ola podían suceder dúas cousas: Se a ola era de ouro quedaría rico, pero se colle a de veneno morrería.
* Cáseque no alto da torre, hacia o sur, había unha porta entre dúas pedras. Hai uns sesenta anos foron tres homes co libro de S. Ciprián e mentras un deles collía o libro ó reves leíao en voz alta, os outros dous, sentiron un ruido como se fora unha ringleira de carros. Un dos que cavaban dixo: -¡Válgame Deus, xa veñen os carros pra enchelos de ouro! E, o pronunciar a palabra “Deus”, desaparecen todo ouro (1974).
* Baixaban uns homes o pé do Castelo cando miraron unhas galiñas con pitos piando. Un dos homes foi a collelos pensando que serían dalgunha casa de Meira de Arriba e ó ter un pito na man convertíuse-lle en ouro. Asombrado, tratou de collelos e escapáronlle todos.
* Na torre seica tivo lugar unha batalla. Na illa de San Bartolameu había unha fortaleza que defendían os da torre cando vían chegar piratas. Unha vez, o conde de Tirán estaba en guerra co de Meira e os soldados destruironlle a torre que segue en ruinas. (Rfa. Benedicto Boubeta Santomé. 60 anos Colexio de Abelendo).
* Vivía no monte un matrimonio de mouros. Cando a moura estaba a punto de ter un fillo, o home saiu urgentemente a buscar a parturenta. Esta ó chegar a súa casa, asustouse. Pero a pesares de todo conseguiron un bo parto. Xa rematado, o mouro quíxo-lle pagar e a parturenta non llo aceptou, quixo facelo gratuitamente. Entón o mouro díxolle. “Eiquí ten este tronco, cando queira algo, veña a co-llelo que é unha gran tesouro”. (Segundo o informante a moura chámase Olga e o seu home Xan. Tiveron unha nena que foi bautizada en Meira) 1974.
* Na torre viviron os mouros e comunicáron-se co monte Paralaia por unha cova que foi cortada ó facer a carretera da Fraga.
* Na chan das Corredouras estaba a entrada dun túnel que comunicaba co Castelo. Por alí saían os mouros para facer instrución.
* No castelo dos mouros, había unha mina que comunicaba coa Paralaia e ían os mouros por ela. Din que os mouros deixaron ouro e prata no castelo encantado. En tempos antigos entrou un mozo na mina e desapareceu. Para desencantalo hai que ler o libro de San Ciprián ó reves. (Rfa. Maria Costa Rúa. 72 anos. Colexio Reibón,1986)
* Di que os mouros deixaron os tesouros na Cova e na mañán de San Xoán saían unhas fadas que se sentaban a peitearse con peites dourados sobre unha manta brillante. (Rfa. de Mª Bermúdez O Campo. 77 anos. Colexio de Reibón. – Tamén apuntou que o axuntamento estaba no barrio dos Carballos. Refírese ó axuntamento constitucional de 1836).
* No castelo que estiveron os mouros hai unha porta de pedra que garda un tesouro. A porta foise enterrando co curso do tempo. Pódese abrir lendo un libro o revés que ninguén sabe quen o ten. Un vello afirmou telo nas súas mans e ensinoullo a un amigo e léndoo ó revés como decía a tradición, a xente andaba cos pés para arriba. (Rfa. Colexio de Reibón, 1986)
Historia recente do ben:
O Concello de Moaña aproba un proxecto de escavación, rehabilitación, sinalización e mellora deste ben. A nova parece na prensa dixital do 21 de xaneiro de 2021 (ver referencias bibliográficas).
Os últimos achádegos da escavación arqueolóxica que se está a levar a cabo no lugar sacán á luz un patio de armas,unhas murallas e un torreón de defensa. Tamén se atopou restos de cerámica de Manises, unha cruz e un dente de xabarín. (ver referencia bibliográfica 25 de abril de 2021)
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/0824CA002.PDF (Páxina 13)
http://oparaisoexistevenomorrazo.blogspot.com.es/2012/10/torre-de-meira-moana.html
http://bibliomoana.blogspot.com.es/2012/06/lendas-de-moana-por-xose-carlos.html
ACTUACIÓN ARQUEOLÓXICA ANO 2021
Moaña recuperará a Torre de Meira, a fortaleza sobre a ría de Vigo derrubada polos Irmandiños
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/03/06/moana-inicia-rehabilitacion-senalizacion-antigua-38686947.html?fbclid=IwAR1js4jKUOWuKEqF1u1DKLu1VGHlxrLC9BmzCDEZW2iy-7xqKedKEI_a6kY
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/03/11/nueva-vida-torre-vigilaba-moana-40230582.html
Moaña recuperará a Torre de Meira, a fortaleza sobre a ría de Vigo derrubada polos Irmandiños
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/moana/2021/04/25/localizan-50-sillares-torre-meira-derribada-irmandinos/0003_202104V25C7991.htm?fbclid=IwAR3SrSR9TE1mgmiBfM1t1ASuyCcTeq_p7Cd-iIklbnjb9QXMSX_kr7Ksp8Y
Así está a avanzar a escavación da Torre de Meira de Moaña, derrubada polos Irmandiños
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2021/06/15/torre-meira-derribada-irmandinos-vuelve-vigilar-ria/0003_202106V15C5991.htm
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/06/26/torre-medieval-meira-explica-historia-54328618.html
http://historiadegalicia.gal/2022/01/video-a-torre-de-meira-a-fortaleza-derrubada-polos-irmandinos-e-por-pedro-madruga/
https://galego.farodevigo.es/o-morrazo/2023/06/17/excavacion-torre-meira-descubre-piedras-88803655.html
BIBLIOGRAFÍA
ACUÑA FERNÁNDEZ, P, COSTA, A, DE LA PEÑA SANTOS, A e RODRÍGUEZ CASAL, A. (1976). Prospecciones arqueológicas en la Torre de Meira (Moaña. Pontevedra). Boletín Auriense.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2988256676Lonxitude: -8.7223264575
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Elixio Vieites says:
Xan 23, 2021
http://historiadegalicia.gal/2021/01/moana-recuperara-a-torre-de-meira-a-fortaleza-sobre-a-ria-de-vigo-derrubada-polos-irmandinos/
Oscar Franco says:
Xuñ 15, 2021
Fotografía do 5 de xuño de 2021 despois da intervención arqueolóxica levada a cabo no lugar.