Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Soigrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela forma un fermoso conxunto co adro e coa igrexa de San Xulián de Bastavales, situándose xusto detrás desta, pero a maior altura. Gloria Gende Franqueira, que estudou polo miúdo a arquitectura relixiosa da Amaía, aprecia influxo do estilo de Domingo de Andrade nesta construción que data dos primeiros anos do século XVIII, como consta nunha inscrición no arco triunfal. Pola súas dimensión parece máis unha pequena igrexa que unha capela, coas súas torres das campás, por dentro, con bóveda e cúpula ou media laranxa cega no cruceiro. Debido a súa antigüidade, 1706, vén ser un dos primeiros santuarios galegos dedicados a esta advocación mariana, que se difundiu por Galicia sobre todo na primeira metade do século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.82431801890978
Lonxitude: -8.670862913131714
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84