
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Padrón
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: Pedreda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro componse dun pedestal cuadrangular, moi redondeado na parte superior, do que se eleva un varal de sección octogonal, agás en comezo e remate, e que acaba na parte superior en pequena moldura. Leva unha cruz sinxela de sección octogonal con remates potenzados nos extremos dos brazos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está a beira da estrada e lixeiramente inclinado cara a ela, pola pouca consistencia do terreo en que se atopa. Ten un muro de bloques de cemento moi pegado a el
Onde está localizado
Latitude: 42.7479477743Lonxitude: -8.65247100592
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
adela suma says:
Dec 11, 2014
O Cruceiro de Pedreda non aparece listado no Catálogo do planeamento vixente no concello; nembargante, dito Catálogo establece a obligatoriedade de proteción (ainda que sin ámbito de protección definida) de calquera elemento do “acervo histórico, artístico e cultural”.
Elixio Vieites says:
Dec 11, 2014
O catálogo do pxom de Padrón non ten todos os cruceiros do concello, polo menos o do 1994. Creo que case todos os cruceiros téñen protección, pero aclarado queda. Grazas Adela
elixiovieites says:
Dec 14, 2014
Aquí podedes ver a inclinación e o mal estado do entorno, en street View 2012:
https://www.google.es/maps/@42.7478809,-8.6525674,3a,40.2y,48.1h,88.44t/data=!3m4!1e1!3m2!1sPZnwUSWczrsPYtQnPDygwA!2e0?hl=gl