
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Salcedo (san Martiño)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa de estilo neoclásico, con planta de cruz latina e teitume a dúas augas. Esta construción substitúe a outra máis antiga, e foi mandada construír por Pedro Javier de Ulloa, párroco de Salcedo en 1754, dentro dunha obra na que tamén se edificaron a casa reitoral, o camposanto e unha escola para os cativos máis necesitados. Para testemuñar estes feitos os feligreses colocaron no interior do templo unha grande placa de mármore no ano 1900.
A fachada occidental destaca pola súa grande altura, de tres corpos flanqueados por dúas esveltas torres e unha grande figura central, a de San Martiño de Tours, que coroa todo o conxunto nun piñón mixtilíneo. A porta de aceso está enmarcada por dúas pilastras decoradas con encasetonado corrido que sosteñen unha cornixa moldurada en gola, dous listeis e cuarto de bocel. Remata en lintel adoelado, con orelleiras superiores e inferiores. O último corpo, sobre a gran ventá, posúe un gran escudo que quedou sen labrar, reservado sen dúbida ás armas do arcebispo Malvar, natural e gran benfeitor desta parroquia e da cidade de Pontevedra.
As torres son de tres corpos, o último deles sobresae por encima do piñón da fachada. Os dous corpos baixos son lisos, de planta cuadrangular e separados por un gran cornixa. O terceiro corpo, o do campanario, elévase sobre outra gran cornixa multimoldurada, consta de catro vans rematados en arcos de medio punto, recercados de pilastras lisas, corpos de sección cuadrangular que sosteñen os seus remates en cupulín pétreo, con cruz patriarcal no seu ápice e catro pináculos nas esquinas.
As súas naves interiores están cubertas con bóvedas de canón de pedras de cantería.
Na capela Maior do templo gárdase desde 1795, como unha reliquia de grande valor, o corazón do arcebispo Malvar nunha urna de chumbo. O clérigo, natural de Salcedo e amante da súa terra, quixo nas súas últimas vontades que o seu corazón fose trasladado desde Compostela ata a igrexa de San Martiño.
O templo conta no seu exterior cun viacrucis de 14 estacións, formadas por cruces de pedra que se colocan nun muro perimetral de media altura que rodea todo o recinto.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEVEDRA/documents/0878CA002.PDF (Páxina 2)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.PDF (Páxina 3)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEVEDRA/documents/9008NO003.PDF (Páxina 8)
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-salcedo/
http://salcedonotempo.eu/patrimonio-relixioso/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.411373693Lonxitude: -8.64766716957
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Sergio Hernández Vázquez says:
Mar 18, 2022
El muro perimetral está en perfectas condiciones que incluye en la parte inferior unos bancos corridos adosados a este que invitan a disfrutar del lugar.
La finca está bastante bien cuidada, la hierba corta y contiene varios árboles olivos que proyectan una sombra acogedora en días soleados e invita a disfrutarla bajo ellos en buena compañía y con algo de picar y beber ya que el cierre de la finca no tiene cerrojo mas que un pasador.
La construcción al ojo inexperto evoca sin lugar a dudas al tiempo de los romanos y como hubieran de construirla y reconstruirla más recientemente. Te maravilla exponiendo su firmeza, practicidad, planta de cruz latina al uso en fin, un templo hecho con amor, decisión y para el vecino creyente es un honor estar frente a ella.
Por desgracia, el día en que fui a conocerla no era día de culto y o pude acceder a las maravillas que en ella se guarda celosamente.
Un regalo para los sentidos.
Sergio Hernández