
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: As Neves
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Carreirachán
Outra denominación do ben: Ánimas da Encrucillada
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Peto de tipo pechado con repisa. Presenta pequena fornela con arco de medio punto protexida cun enreixado. No seu contorno podemos ler a seguinte inscrición:
“POR CUENTA DE MANUEL ARRIBA 1898”
“HERMANOS QUE BAIS PASANDO,
ACORDAOS DE NOSOTRAS
QUE ESTAMOS PENANDO”
A fornela, de arco de medio punto, posúe un un retablo de madeira policromada no que destaca a figura de San Antón cos brazos abertos con dúas almiñas aos lados. Na parte inferior aparece un bispo con dúas almiñas aos lados.
Antigamente no seu interior tiña un caixón para as esmolas, hoxe desaparecido.
Nos laterais da fornela destacan uns medallóns circulares, un sol e unha lúa.
O conxunto remata nunha cruz sobre unha bola e dous pináculos rematados en bola nos laterais.
Este peto, restaurado recentemente, atópase no muro dunha casa denominada “Casa do Pazo”.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta a lenda que un neno de dez anos que ía coas ovellas atopouse nesa zona cunha vella que viña anadando polos camiños e tiña unha cabaciña na man. Ela achegouse ao neno e pediulle que lle enchera a cabaciña de viña. O rapaz contestoulle que non podía deixar soas ás ovellas, e a vella lle dixo que llas coidaba. O neno marchou para a casa onde se atopa o peto e na que vivía un cura. Este non lle quixo dar o viño.
Cando o neno chegou xunto a vella e llo dixo. A vella lle pediu que xuntara as mans e as puxera por riba da cabeza. Nese mesmo momento as mans lle quedaron pegadas, e a vella lle dixo: -“agora vai xunto o cura que chas despegue”.
Cando o curo viu o milagre saíu correndo ao portal pero a vella xa marchara. A lenda dí que era a Virxe da Franqueira que polo ruín cura no quixo quedar en Taboexa.
Segundo recollín da dona da casa onde se atopa o peto, fai uns 15 anos o retablo foi roubado. A muller pediu diante do peto que ó que levara as ánimas non tivera descanso que andara arrecú ata que as trouxeran de volta. Apareceron aos tres meses.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://taboexa.net/petos-de-animas.php#
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
OUTRAS REFERENCIAS
Centro de interpretación do patrimonio local socio cultural de Taboexa
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1454598767Lonxitude: -8.43215972185
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84