
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Camariñas / Terra de Soneira (comarca)
Parroquia: Camelle
Lugar: Camelle
Outra denominación do ben: Casa do Alemán de Camelle
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Nun apartado e remoto recuncho da Costa da Morte, como era daquela Camelle, Manfred Gnädinger decidiu recluírse na soidade logo dunha historia de amor non correspondido. Deste xeito comeza a romántica historia de como naceu o espectacular museo natural do alemán de Camelle.
“Man”, como era coñecido, naceu en 1936 en Radolfzell (Alemaña). Chegou a este pequeno lugar de pescadores e percebeiros en maio de 1961 traxeado e impecable, onde o acolleu un matrimonio dunha alsaciana cun camellán. Viviu nunha casa deles durante dez anos, dende onde enviaba pinturas e traballos artísticos ata Alemaña.
O cambio trascendental na súa vida produciríase cando namorou dunha mestra da comarca, amor non correspondido por ela. Isto fixo que decidira recluírse na soidade. E así, dende comezos dos 70 ata o final dos seus días viviu nun pequeno habitáculo na Alta de Camelle, onde rompen as ondas e o vento. Alí comeza unha nova vida, sen traxes nin gravatas, soamente vestido cun taparrabos.
A súa residencia convertirase nunha espectacular obra de arte onde os croios ou bolos cobran un especial protagonismo. Creaba ondas, cadeas, torres e outras formas coas pedras e tamén con ósos de animais (sobre todo mariños), como vértebras de cetáceos e algunha caveira de cabalo ou burro ou mesmo raíces de árbores. O seu amor polo medio ambiente era tal que decidiu ser vexetariano e nun futuro vivir soamente con enerxía solar.
Tamén pintaría con círculos de cores a súa vivenda, os pinchóns das casas próximas e mesmo os penedos dos montes e a costa que o rodea. Que simbolizaba isto? O círculo como orixe de todo.
Pronto o alemán de Camelle comezará a ser famoso e o principal atractivo turístico do lugar, facendo que o seu ascetismo sexa algo cada vez máis complicado de manter. Para visitar o museo cobraba a simbólica cantidade de 100 pesetas e quería que cada visitante deixase debuxado nun caderno o que sentira na visita.
No 2002 a marea negra provocada polo afundimento do petroleiro Prestige manchou toda a obra de Man. O amante da natureza non puido resistir o desastre e ter que convivir co chapapote. O día 28 de decembro de 2002 Manfred morreu de mágoa. Converteuse así na primeira vítima mortal do Prestige e en todo un símbolo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf (p 74)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O legado do artista alemán Man estase pudrindo no esquecemento. O teito da súa casa caeu e o resto está no máis completo abandono.
Manfred, no seu testamento, cedera a súa obra ao Estado. Estes dereitos fóronlle concedidos ao Concello de Camariñas. Xa que logo, sería o concello xunto coa Fundación Man (presidida polo alcalde) o que debería mirar por que non desapareza este museo.
Onde está localizado
Latitude: 43.18834416417301Lonxitude: -9.089512825012207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
11 comentarios
adela suma says:
Out 9, 2011
Coma información adicional, comentar que o planeamento vixente na actualidade en Camariñas (unha D.S.U. de 1981) á espera do remate do PXOM en redacción non contén este ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMARINAS/documents/0085NO001.pdf
tampouco as normas provinciais:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA003.pdf
pero o documento para aprobación inicial do novo PXOM (engadido polo autor desta ficha nas referencias bibliográficas) sí o inclúe (ficha A-116):
http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf
adela suma says:
Out 9, 2011
Esperemos que a aprobación definitiva do Plan non sexa demasiado tarde
Manuel Rial says:
Dec 15, 2011
Os voluntarios da Fundación Man convocan unha velada prá noite do 27 ó 28 de decembro, co gallo do 9º aniversario da súa morte. A velada serve como protesta pola “impasibilidade das administracións con respecto a Obra do alemán”
http://www.quepasanacosta.com/?p=11645
Manuel Rial says:
Dec 22, 2011
Entrevista ó sobriño de Man na que pide que se actúe xa no museo antes de que sexa demasiado tarde.
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/12/22/0003_201112C22C29914.htm
Manuel Rial says:
Dec 29, 2011
Unha lona de plástico negra cobre o museo de Man, cal dolmen de Dombate, en sinal de protesta
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/12/29/0003_201112C29C19911.htm
Oscar Franco says:
Mar 14, 2017
A Xunta de Goberno Local de Camariñas aprobou o expediente de contratación das obras de restauración da casa de Man de Camelle. A nova é do 4 de marzo de 2017:
http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/casa-man-camelle-estara-restaurada-verano/idEdicion-2017-03-04/idNoticia-1044065/
Oscar Franco says:
Abr 1, 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/03/recuperan-casa-de-man-o-aleman-que-morreu-de-tristeza-polo-prestige/
Oscar Franco says:
Abr 25, 2017
Nova do 21 de abril de 2017:
http://www.gciencia.com/mar/usc-de-man-de-camelle/
Oscar Franco says:
Nov 15, 2017
A prensa escrita do 10 de novembro de 2017 recolle a restauración da casa de Man:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2017/11/10/intentaremos-recrear-man-vivia-tina-casa-dentro/0003_201711C10C12991.htm
Oscar Franco says:
Dec 18, 2017
Rehabilitada a caseta de Man de Camelle:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=28152
Oscar Franco says:
Xan 30, 2018
As cinzas de Man volven á que foi a súa casa. A prensa do 27 de xaneiro de 2018 así o recolle:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/01/27/familia-man-viaja-camelle-dar-ultimo-adios-artista/0003_201801G27P28992.htm
https://politica.elpais.com/politica/2018/01/27/actualidad/1517064524_475719.html
https://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/camarinas/2018/01/27/man-camelle-descansa-fin-casa-frente-bravo-atlantico/01101517064721543672994.htm