Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Ucha
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro posúe unha cruz latina de brazos de arestas acanaladas que amosa no reverso a Virxe nunha dobre advocación como Virxe do Carme e como Gloriosa: esta preséntase no momento de ser coroada por anxos dispostos ó longo dos brazos da cruz. Porta ó neno Xesús no colo e un escapulario na súa man esquerda.

No reverso, Cristo crucificado baixo cartela de INRI, coa figura de San Francisco, no seu costado dereito, que recolle nun cálice o sangue que mana da ferida do costado. Falta a cabeza de San Francisco.

O capitelo e composto con follas de acanto e diminutas volutas angulares, con cabezas de querubíns na parte media, excepto na beira do cristo onde podemos ver a caveira sobre as dúas tibias.

O varal é oitavado a amosa un santiño na parte media pola beira esquerda do cruceiro, aínda que erosionado recoñecese a figura de San Xoán Bautista.

O baseamento ten as arestas superiores rebaixadas. Na beira esquerda, amosa un retablo moi erosionado no que xa non se distingue figura algunha, e pola beira do reverso atopamos un epígrafe moi erosionado que non fumos quen de ler.

O conxunto érguese sobre unha plataforma de dous chanzos de base cadrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Plan Especial Combarro e catálogo de Edificios e Conxuntos do termo Municipal. 2001-09-25 Poio. BOP: 2001-10-10; 2001-11-02. Ficha nº 70-E35. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POIO/documents/2501NO008.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4492423513
Lonxitude: -8.69563579559
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84