Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Zas
Parroquia: Brandomil
Lugar: Brandomil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Cruzando a ponte de ascendencia romana sobre o río Xallas chegamos ás murallas do castro de Brandomil. Trátase dun castro romanizado de tipo mixto, con características dos de chaira e dos de outeiro. A croa deste castro, que hoxe ten uso agrario, é bastante plana. As murallas (a maior parte artificiais) non teñen moita altura cara ao interior, pero si no exterior, sobre todo na parte que dá ao Xallas, a máis inaccesible. Conserva parte do foxo neste lado.

Ao carón deste castro posiblemente pasaba a vía romana número XX per loca maritima e nela estaba a mansión Grandimirum que se pode identificar con Brandomil. E así o proba a abundancia de achádegos romanos nas inmediacións do lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA-15093011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

http://www.zasdixital.eu/ga/upload/des/12-a-762_DAD_ZAS_CATALOGO_09-07.pdf (p. 182)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.00755007197702
Lonxitude: -8.923430442810059
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84